CRTVG

Buscar

Remata o cribado de Marín con 13.000 veciños de entre 30 e 65 anos chamados a realizar as probas

Publicado o 27/02/2021 21:50

Marín é un dos concellos da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés onde a incidencia nos últimos catorce días segue sendo moi alta. É dicir, 350 casos por cada 100.000 habitantes.


Por iso dende o martes inciouse aquí un dos cribados máis importantes desta área sanitaria. Case 13.000 veciños e veciñas, con idades comprendidas entre os 30 e os 65 anos, foron chamados a realizar estas probas. A entrega das mostras rematou este sábado pero dende o Concello animan a veciñanza que non foi citada a realizar unha PCR de saliva nas farmacias.

Unha proba moi sinxela que podemos facer na nosa casa e que deberemos entregar na propia farmacia.

O obxectivo non é outro que frear a expansión do virus, sobre todo agora que comezamos esta nova desescalada.

Noticias web

27/02/2021

Máis sobre Marín