CRTVG

Buscar

Remata no Parlamento o debate do estado da autonomía, coa aprobación de 58 propostas de resolución

Publicado o 27/09/2019 21:16

No Parlamento de Galicia remataron as votacións das propostas de resolución, e coas votación rematou o derradeiro debate do estado da autonomía desta lexislatura.

En total presentáronse 200 propostas de resolución e quedaron aprobadas 58. Co grupo co que chegou a máis acordos o grupo popular foi co grupo mixto de Luís Villares. Entre as 58 propostas aprobadas destacan varias para loitar contra a violencia machista, tamén unha na que o Parlamento insta ao Goberno central a que lle pague a Galicia os 700 millóns de euros que reclama o Goberno galego, e que considera importantes para pagar e financiar os servizos sociais; esta proposta foi aprobada coa abstención do PSdeG e do Bloque Nacionalista Galego.

Tamén destaca outra proposta de resolución na que o Parlamento destaca a súa solidariedade co pobo de Venezuela. Esta proposta foi aprobada cos votos en contra do Bloque Nacionalista Galego e do grupo Común da Esquerda.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019