CRTVG

Buscar

Remata no Carballiño a XXXII edición do Festival de Teatro Galego

Publicado o 07/09/2021 21:13

A actriz e presentadora Marta Doviro foi a encargada de provocar as risadas da última xornada do FETEGA.Un festival que contou, igual que na pasada edición, con mesas redondas sobre o papel da muller nas artes escénicas.

Nin este ano nin o anterior se suspendeu este festival pola Covid. Soubo adaptarse ás circunstancias para amosar que a cultura é segura.
O FETEGA é unha das citas máis antigas co teatro en Galicia.E despois de tantos anos traendo teatro, monólogos, danza e animación ao Carballiño a paixón nótase en moitos dos seus veciños e veciñas que levan anos colaborando para que o FETEGA saia adiante.

Este ano, entre a programación estivo a estrea da nova produción do Centro Dramático Galego.
 

Noticias web

07/09/2021