CRTVG

Buscar

Unidas Podemos critica a posición "inamovible" do PSOE tras a xuntanza

Publicado o 05/09/2019 21:56

• Desde o PSOE ven "factible" o acordo pese as diferenzas

Unidas Podemos critica a posición "inamovible" do PSOE tras a xuntanza

A reunión dos equipos negociadores do PSOE e Unidas Podemos no Congreso dos Deputados finalizou pasadas as 21.00 horas deste xoves tras máis de catro horas de duración, segundo informaron a Europa Press fontes da formación violeta.

O encontro ten por obxectivo achegar posturas sobre a formación de goberno e prodúcese dous días despois de que os socialistas presentaran unha última oferta: un pacto programático con 370 medidas e a posibilidade de incorporar a membros de Podemos á fronte de institucións e órganos do Estado, pero fóra do Consello de Ministros.

A portavoz adxunta de Unidas Podemos no Congreso, Ione Belarra, manifestou a preocupación da súa formación tras máis de catro horas de reunión co PSOE para buscar un acordo de investidura porque, ao seu xuízo, a posición socialista é "inamovible", ao insistir na vía do "partido único" no Goberno. 

"Ímonos sinceramente preocupadas porque basicamente limitáronse a presentarnos un programa electoral", manifestou Belarra ao termo do encontro, en que, segundo a súa interpretación, as interlocutoras do PSOE "mostráronse profundamente inamovibles nas posicións nas que xa se mantiña. 

A formación morada explica que o PSOE non quere negociar un Goberno, os socialistas foron, din desde Podemos,  só a presentarlles o seu documento coas 370 medidas. 

Pola súa banda, a portavoz socialsta no Congreso, Adriana Lastra, explicou que constata as diferencias coa formación, pero asegurou que o acordo é "factible" e que seguirán traballando nas próximas horas e días.

"Comprometémonos a mudar papeis e documentos e a seguir falando", dixo Lastra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/09/2019