CRTVG

Buscar

Remata a restauración da policromía do Pórtico da Gloria tras dez anos

Publicado o 28/06/2018 12:00

• Empregáronse técnicas coma o láser e microproxeccións coas que conseguiron quitar todo o pó e suciedade

Entrevista ao director do Museo da Catedral de Santiago: "A xente vai ver unha obra distinta, case unha obra nova"

Chegou o día. Estamos a piques de poder contemplar o Pórtico da Gloria con todas as súas cores. Recén rematada a restauración da policromía despois de dez anos de traballo, hoxe veremos as primeiras imaxes desta obra que recupera os seu aspecto orixinal. Iremos contándolles todas as novidades desta agardada xornada, e no Telexornal Serán tamén lles ofreceremos unha mirada diferente desta xoia do Mestre Mateo. 

Pedra galega e arte universal. Unha imaxe que todos temos dentro e que quedou oculta dentro da catedral durante estes últimos anos. Pero hoxe estamos a piques de atravesar esta porta e redescubrir, recuperar unha obra mestra de todos os tempos que aturou todos os tempos. 

Máis de oitocentos anos de inclemencias que provocaron varias rehabilitacións, coma a de 1993 e coma esta última que acaba de rematar despois de dez anos de minucioso traballo.

Con técnicas coma o láser e microproxeccións especialistas internacionais conseguiron revivir a cor do Pórtico da Gloria. Pero non pintaron nada. Só quitaron pó e suciedade e descubriron o que estaba oculto nesta restauración. 

Falan dun resultado espectacular os privilexiados que xa puideron desfrutar do da recuperación da policromía cando quitaron as estadas.

Agora chega o momento de contemplar como o Pórtico volveu nacer.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2018