CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Remata a primeira floración do nenúfar xigante de Vigo

Publicado o 14/08/2018 14:30
O nenúfar xigante da Fundación Sales de Vigo floreceu nas últimas horas, e volve ser o maior atractivo deste centro botánico.

Os coidadores deste fermoso fenómeno da natureza levaban días pendentes do acontecemento. E por fin floreceu. Este exemplar de Victoria Cruzciana, considerada unha das plantas máis raras do planeta, volve amosar o seu máximo esplendor co verán. Nas últimas semanas as súas follas acadaron as maiores dimensións, chegando a 1,8 metros. A primeira flor desaparecerá nunhas horas baixo a auga, e mañá unha nova alegrará a vista dos visitantes da Fundación Sales.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí