CRTVG

Buscar

Remata a operación retorno con máis de 425.000 desprazamentos en Galicia

Publicado o 02/09/2018 21:10

Este primeiro domingo de setembro coincide co último día da operación retorno do verán. E estas horas son de moito movemento nas estradas. Tráfico pide especial respecto aos límites de velocidade.

Por iso, o dispositivo especial da Garda Civil para estes días inclúe máis controis de velocidade. Durante esta fin de semana Tráfico estima que haxa 425.000 desprazamentos por estrada en Galicia. En toda España calculan máis de catro millóns de desprazamentos ata a medianoite de hoxe, con especial intensidade nas entradas das grandes cidades.

Operación retorno accidentada. As estradas cobraron dúas vidas esta fin de semana en Galicia. En Muíños e en Oza-Cesuras.

No concello ourensán de Muíños falecía un mozo onte ao medidía. Perdeu o control da moto que pilotaba cando intentou corrixir a traxectoria para evitar bater contra un camión. Horas antes, perdía a vida un home no concello coruñés de Oza-Cesuras. O seu coche saíu da vía e acabou batendo cunhas árbores. En Galicia, no que vai de verán xa rexistramos máis do dobre de vítimas mortais en accidentes de tráfico ca no mesmo período do ano pasado. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2018