CRTVG

Buscar

Remata a operación Baco contra a falsificación de etiquetas de viño en Ourense

Publicado o 20/05/2019 14:13

Desartellada unha rede que se dedicaba á falsificación de contraetiquetas de viño da Denominación de Orixe Bierzo.
A Garda Civil detivo catro persoas en Ourense e outras 6 están a ser investigadas nas provincias de León, Pontevedra e Lugo. As forzas de seguridade consideran que a banda puido colocar no mercado ata 2 millóns de botellas de viño con contraetiquetas falsificadas da D. O. Bierzo e Indicación Xeográfica Protexida Vinos de la Tierra de Castilla y León. Atribúenlles varios delitos: fraude, falsificación, estafa continuada, utilización ilexítima das figuras de calidade e branqueo de capitais.

Nos rexistros os axentes incautáronse de 335.000 euros en metálico, milleiros de contraetiquetas falsificadas e inmobilizaron máis de 8.000 botellas en varias provincias.
A operación, bautizada como Baco, comezou a finais do ano pasado e aínda segue aberta.


 

Noticias web

20/05/2019