CRTVG

Buscar

Remata a limpeza da fachada da catedral de Santiago despois das pintadas

Publicado o 21/03/2019 22:41

A fachada principal da catedral xa se pode contemplar, de novo, na súa totalidade e con todo o seu esplendor.  Os traballados de limpeza da pintada que aparecera o día 12 deste mes xa conluíron, polo que xa se pode ver tamén destapada esta parte da praza do Obradoiro.

A limpeza tivo que ser minuciosa e á man, cunha técnica non agresiva para a pedra dunha zona que xa estaba previsto rehabilitar. Os traballos correron a cargo, segundo confirmou a entidade, da Fundación Catedral. O investimento está aínda por determinar, porque aínda quedan por limpar parte do resto das pintadas que apareceran na mesma data, noutra zona, no lateral do Obradoiro. Será a parte do arco de Palacio a próxima en limpar.

En 2018 xa houbera que actuar sobre outra pintada, froito doutro acto vandálico, daquela sobre unha estatua da veciña praza das Praterías.

 

Noticias web

21/03/2019