CRTVG

Buscar

Remata a Liga Feminina Endesa sen descensos, pero con dous ascensos da Liga 2

Publicado o 27/04/2020 16:33

Remata a temporada na Liga Endesa Feminina. Faino sen descensos pero co ascenso de dous equipos desde a Liga Feminina 2.

Hai acordo dos clubs coa federación española tras a xuntanza desta maña. Falta por saber como se produce o ascenso, se cun "play-off" entre os dous primeiros de cada grupo da Liga 2 co que o Baxi Ferrol terá opcións de subir ou se ascenden únicamente os primeiros de cada grupo nestes momentos, Estudiantes e San Adriá.

A próxima temporada haberá 16 equipos na maxima categoría. Na que está o Duran Maquinaria Ensino. O cadro lugués leva un mes preprando o proximo exercicio.

Noticias web

27/04/2020