CRTVG

Buscar

Remata a investigación xudicial do crime de Sárdoma

Publicado o 23/01/2020 12:05

Aínda non hai data para o xuízo que sentará no banco dos acusados o único investigado polo asasinato. O fillo menor da vítima, de 43 anos, declarouse culpable poucos días despois do achado do cadáver, en xaneiro de 2019. Nun primeiro momento, asegurou que se tratara dunha morte accidental nunha discusión co seu pai, de 81 anos.

Despois do falecemento, o cadáver foi trasladado ata un camiño preto do Lagares, onde foi atopado coas mans atadas e cuberto por plásticos. Os informes de ADN e de probas que o Xulgado de Instrución número 8 de Vigo acaba de recibir están baseados nas mostras tomadas polos axentes na leira familiar de Sárdoma onde se produciría o suceso, en útiles diversos e mais no corpo. O que segue sendo un misterio é a arma empregada no crime, que nunca se atopou.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2020