CRTVG

Buscar

Remata a Feira Mindtech, con máis de 15.000 visitantes

Publicado o 16/09/2021 20:56

Durante tres días esta feira converteuse no mellor escaparate da tecnoloxía máis destacada aplicada no sector industrial do metal. Coches sen piloto, robots, chips, maquinaria intelixente. Máis de cen empresas internacionais que non só amosaron en Vigo as súas últimas novidades, senón que descubriron sinerxías e acadaron acordos comerciais.

Dende a organizacion están convencidos de que a feira non só amosou ao mundo o que o sector do metal galego pode ofrecer, senón que ademais vai marcar un antes e un despois na recuperacion económica da nosa industria

Na segunda edición desta feira participaron empresas de España, Portugal, Italia, México ou Colombia. A proxima cita será no 2023.

Noticias web

16/09/2021