CRTVG

Buscar

Remata a costeira de bonito do norte máis breve pero sen variacións nos prezos

Publicado o 18/08/2020 15:12

A costeira de bonito do norte chega á súa fin cuns datos provisionais de arredor de 800 toneladas capturadas en Burela, o que supón un movemento na lonxa duns tres millóns de euros. Esta campaña remata nun tempo récord.

Justo García López, encargado da lonxa, dinos que no tempo que leva na lonxa, 34 anos, non lembra unha campaña tan curta coma esta no esgotamento da cota. O sector considera insuficiente a cota que ten asignada.

En canto aos prezos, non hai moitas variacións respecto da costeira anterior. "Son semellantes ao ano pasado, cunha variación duns céntimos arriba ou abaixo", coméntanos Justo García. O prezo medio roza os catro euros por quilo de bonito.

Noticias web

18/08/2020