CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Remata a convocatoria de setembro da ABAU

Publicado o 14/09/2017 21:33
A sorte está case botada para coller praza nalgunha facultade agora en setembro. Hoxe realizáronse os derradeiros exames da ABAU, o que antes chamábamos a selectividade.

Esta terceira xornada de probas foi a quenda das materias optativas: bioloxía ou historia da arte, xeoloxía ou historia da filosofía, e o último exame foi o de economía da empresa ou deseño. A esta convocatoria de setembro presentáronse máis de 2.100 alumnos en Galicia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

14/09/2017