CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Remata a convocatoria de setembro da ABAU

Publicado o 14/09/2017 14:26
A sorte está case botada para coller praza nalgunha facultade agora en setembro. Porque arestora están a facerse os derradeiros exames da ABAU, o que antes chamabamos a selectividade.

Esta terceira xornada de probas é a quenda das materias optativas: bioloxía ou historia da arte, xeoloxía ou historia da filosofía, e a que se está a facer agora mesmo, o último exame, o de economía da empresa ou deseño. A esta convocatoria de setembro presentáronse máis de 2.100 alumnos en Galicia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí