CRTVG

Buscar

Os partidos apuran as últimas horas de campaña na busca do voto indeciso

Publicado o 10/07/2020 08:25


Así é. Ás doce en punto desta noite remata oficialmente a campaña electoral, e con ella os actos dos diferentes partidos. Mañá sábado será a xornada de reflexión e o domingo teremos que ir votar.
Ao longo de todo este venres, os partidos apuran os seus últimos mitins.
Algúns terán unha xornada intensa, como Núñez Feijóo, que percorre as catro provincias e asiste a sete mítins neste último dia de campaña.
Outros, como Caballero, vanse ver arroupados por figuras chegadas de Madrid, como o Ministro Abalos ou o propio Pedro Sánchez.
Algúns farán unha festa como peche de campaña, con actuacións musicais.
Pero no que coincidirán todos é en pedir o voto para as súas formacións políticas e en animar os galegos a ir votar o vindeiro domingo.

Noticias web

10/07/2020