CRTVG

Buscar

Remata a campaña das eleccións andaluzas, co PSOE liderando as enquisas

Publicado o 30/11/2018 08:57
Remata a campaña das eleccións andaluzas, co PSOE liderando as enquisas

Esta noite remata a campaña de pedimento de voto para as eleccións autonómicas de Andalucía. O electorado decidirá este domingo a renovación do Parlamento andaluz e, segundo as últimas enquisas, o PSOE seguirá a ser a formación con maior representación.A segunda posición, polo que din as sondaxes, está en disputa entre PP, Ciudadanos e Adelante Andalucía, que é o nome de Izquierda Unida máis Podemos.

A novidade podería proporcionala a formación de ultradereita VOX, que, segundo algunhas estimación de voto, podería entrar no Parlamento andaluz con ata catro deputados.

Noticias web

30/11/2018