Relembramos con Miguel Bourio o primeiro Breogán-Real Madrid da historia
Os lucenses queren repetir a última visita dos brancos ao Pazo, que rematou con vitoria galega
O presente fala dun inicio de liga marabilloso do Breogán. Pero vaiamos cara a atrás. Van 55 anos de historia dun club que fundou aló polo 1966 a familia Varela-Portas.
Miguel Bourio: "Castelán que se Cunqueiro... Breogán, vale, moi ben".
O primeiro grande acontecemento chegou no 1967 coa visita do Real Madrid nas festas do San Froilán para inaugurar o chamado Primeiro Trofeo Breogán de Baloncesto.
Foi o primeiro Breogán-Real Madrid da historia: "A xente polos corredores, polas bancadas, impresionante...", comenta Bourio.
Daquel Real Madrid que admirada Bourio, a este actual que tamén o abraia.
Lembran a última visita do Real Madrid ao Pazo? Exhibición de triplas, vitoria galega e moita festa.