Relanzan os voos charter desde Santiago a Madeira e Cabo Verde trala pandemia
Os promotores de viaxes desde Galicia a Madeira e Cabo Verde tentan recuperar a oferta que tiñan antes da pandemia. Amáis do clima e os servizos que ofrecen as illas, un dos reclamos nos que fan fincapé agora é a baixa incidencia de covid que lograron manter durante todos estes meses.
Francisco Ares é o responsable dun touroperador centrado especificamente no mercado galego. Na súa oferta de destinos exteriores priman dous lugares, os dous arquipélagos atlánticos. "Estamos reabrindo o que paralizamos o ano anterior e este ano queremos retomar todas as operacións", di Jesús Ares, Director xeral do 'touroperador' galego Yu Travel.
A semana que vén fletará de novo desde Santiago os primeiros voos charter rumbo as illas. Antes da pandemia chegaban a niveis de ocupación de máis do 85%. Jesús di que levará tempo recuperar esas cifras por máis que eses detinos tentan recalcar a súa seguridade sanitaria e unha baixa incidencia de covid. "Hai uns mínimos casos; éntrase con seguridade alí, no caso de Cabo Verde facendo o test de antíxenos e no caso de Madeira o test de PCR, pero hai un corredor verde que nos permite entrar tamén cun certificado de vacinación", explica Ares.
Di que custa relanzar unha oferta baseada en voos charter porque os galegos non tenden a reservar viaxes con moita antelación. E ademáis agora esa decisión de última hora depende en boa medida da incidencia do virus aquí, como están comprobando a raíz deste última onda. "Máis que cancelacións, que non houbo moitas, o que si houbo foi un paro na demanda."
Pero aínda así, está decidido a manter a programación que ofrecía habitualmente ata outubro porque confía que uns atractivos coma os das praias da Illado Sal volverán animar os galegos a poñer rumbo a esta alternativa equiparable ao Caribe, pero que nos queda moito máis preto.