CRTVG

Buscar

Reitran a inmunidade a catro deputados opositores en Venezuela

Publicado o 13/08/2019 14:15

A Asemblea Nacional Constituínte de Venezuela, creada no 2017 e presidida por Diosdado Cabello, quitoulle a inmunidade a catro deputados opositores. Todos eles están acusados de varios delitos. A oposición cualifica este feito de persecución política. "Os deputados están a resgardo sabendo que este é un país onde non hai lei nin xustiza", dicía Jorge Millán, deputado opositor.

Cabello non disolverá o Parlamento,dixo, pero si se designou unha comisión para fixar a data das eleccións lexislativas, previstas para 2020. "Vai haber eleccións, moi prontiño, máis do que vostedes cren", dixo Cabello.

A oposición di que as eleccións que queren son as presidenciais, pois non recoñecen as celebradas en 2018 que ratificaron no cargo a Nicolás Maduro. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019