CRTVG

Buscar

Reinventarse en tempos de pandemia: crea un grupo de Whatsapp para vender peixe a domicilio

Publicado o 18/03/2021 12:51


Juan Manuel é xa a segunda xeración dedicada á distribución de peixe e marisco. Pero nos máis de 35 anos de historia da empresa, non viviran unha crise como a que provocou a pandemia. O ano pasado a facturación caeu un 70% porque o seu principal cliente é a hostalería. Con ela pechada, tiveron que tirar de enxeño para sobrevivir.

A pesar de que a actividade se foi recuperando Juan Manuel decidiu manter o servizo a domicilio máis por unha cuestión moral que por rendibilidade económica.

Coa pandemia tamén medraron as vendas por Internet a través da sua páxina Pescados e Mariscos Galicia, que lle permitiu abrir novos mercados noutras comunidades, a onde tamén envían o produto fresco por estrada ou en avión.

Noticias web

18/03/2021