CRTVG

Buscar

Reinvéntanse os petiscos e as empresas vinculadas á hostelería

Publicado o 01/06/2020 14:16

Se antes era habitual compartir as tapas, agora os petiscos deben ser individuais. É unha das medidas ás que obrigan os protocolos de seguridade e hixiene da Covid-19. Novos hábitos que en moitos casos requiren unha maior presenza da tecnoloxía.

Miguel Perille, CEO de Tappear, di que esta crise acelerou a dixitalización de todos os sectores, incluído o da hostalería.

"Teremos un novo compañeiro de saídas, que será o móbil, para pagar -explica-, e tamén planificaremos máis as nosas saídas... os bares, máis que nunca, buscarán ferramentas de promoción". 

Por iso toca adaptarse, e non só bares e restaurantes. Tamén outras empresas do sector, como é o caso de Tappear, a aplicación creada por 3 emprendedores galegos.

Perille di que na fase 1 informaron a través da súa app, sobre que bares ofrecían terraza, e como moitos locais empezaron a ofrecer servizo a domicilio e recollida no local, tamén incluíron explica, esa información na súa plataforma.

Medidas coas que agardan sortear estes tempos difíciles, e cubrir as novas necesidades de hostaleiros e clientes, xurdidas tras a pandemia. Actualmente contan con máis de 5.000 usuarios rexistrados na plataforma, e ao longo deste ano planean estenderse por toda España.

Noticias web

01/06/2020