CRTVG

Buscar

O Reino Unido rexistra 1.725 mortos, a segunda maior cifra da pandemia

Publicado o 27/01/2021 18:19
O Reino Unido rexistra 1.725 mortos, a segunda maior cifra da pandemia

O Reino Unido comunicou este mércores 1.725 novos mortos por coronavirus, a segunda maior cifra de falecidos diarios desde que comezou a pandemia, tras os 1.820 que rexistrou hai unha semana.

O número de contaxios ascendeu a 25.308 en vinte e catro horas, fronte aos 20.089 do martes, o que rompe unha serie de catro xornadas consecutivas coas infeccións á baixa.

A presión sobre o sistema sanitario mantense elevada, con 3.961 pacientes en coidados intensivos no Reino Unido o martes, fronte a 4.032 o luns, segundo os últimos datos oficiais.

O incremento de felecidos e infectados prodúcese despois de que o primeiro ministro británico, Boris Johnson, anunciara que os colexios non reabrirán en Inglaterra polo menos ata o 8 de marzo.