Reincorpórase o xefe de Pneumoloxía do HULA tras pasar a COVID-19
Publicado o 03/04/2020 17:25
O xefe de Pneumoloxía do Hospital Universitario de Lugo volve estar operativo no centro sanitario. Estivo unha semana illado, traballando desde a casa. Conta que tivo contacto cun contaxiado. Fixo a proba da COVID-19. Deu positivo malia que, di, non sentiu síntoma ningún.
No hospital de Lugo case medio cento do persoal sanitario deu positivo na COVID-19 durante as últimas semanas.
O pneumólogo lucense considera que hai un número incalculable de xente que, igual ca el, teñen ou pasaron a COVID-19 sen síntomas. Por iso, lembra, é vital a prevención.