CRTVG

Buscar

Reincorpóranse ao traballo presencial os empregados públicos da Xunta

Publicado o 01/06/2020 16:07

Volveron aos seus postos de traballo presenciais os empregados que conten cun espazo propio e aqueles que poidan manter a distancia dos dous metros e non se incorporaran na primeira fase. Esta primeira fase comezou a desenvolverse hai 15 días e concluíu con normalidade. 

A incorporación presencial de todo o persoal rematará o 15 de xuño. Para daquela, a totalidade dos postos de traballo estarán adaptados ás medidas de seguridade polo coronavirus. 

O protocolo da Xunta contempla excepcións. Así poderán seguir teletraballando as persoas que teñan ao seu coidado un menor ou maior ou as que pertenzan a algún grupo de risco. 

Noticias web

01/06/2020