CRTVG

Buscar

Reimplántanlle a un albanel unha man seccionada nun accidente laboral

Publicado o 04/05/2017 14:35

Unha máquina de cortar madeira seccionáralle a palma deixándolle só o polgar. Tres semanas despois dunha operación relizada no Hospital de Povisa, o home xa pode mover lixeiramente os dedos

Os cirurxiáns do Hospital Povisa conseguiron reimplantarlle a un albanel a man que perdera nun accidente laboral. Unha máquina de cortar madeira seccionáralle a palma deixándolle só o polgar. Tres semanas despois dunha operación que durou oito horas, o home xa pode mover lixeiramente os dedos.

Na noite do Venres Santo pasado este albanel das Nogais cortou a palma da man cunha máquina. Gardou a calma, acudiu á casa de seu irmán para que lle fixera un torniquete e, cando se decatou de que só conservaba o polgar, volveu polos outros catro dedos. 

Sen dúbida, a actuación de Suso foi determinante para conservar a man.

Despois de ser atendido no HULA foi trasladado ao Hospital Povisa de Vigo. A operación levou, en total, oito horas.

Tres semanas despois da intervención, o paciente pode mover lixeiramente os dedos e nunha horas regresará á súa casa. Terá por diante unha longa recuperación para acadar a máxima mobilidade posible na man.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/05/2017