CRTVG

Buscar

Rehabilitar vivendas para mellorar a eficiencia enerxética terá unha dedución do 60 % no IRPF

Publicado o 21/04/2021 21:52
Rehabilitar vivendas para mellorar a eficiencia enerxética terá unha dedución do 60 % no IRPF

A rehabilitación de vivendas contará cunha rebaixa no IRPF de ata o 60 por cento cumprindo un só requisito. As obras deberán contribuír á mellora da eficiencia enerxética do fogar.

Estas deducións terán un impacto de 450 millóns de euros que se financiarán con fondos europeos destinados á rexeneración e rehabilitación urbana. Esta partida orzamentaria dispón de case sete mil millóns de euros chegados de Bruxelas.

Noticias web

21/04/2021