Rehabilitan o teito das pallozas do Cebreiro
Publicado o 21/10/2019 14:38
Unha paleta de freixo e unha navalla son as únicas ferramentas dos teitadores, un oficio ancestral e en desapación pero que aínda se conserva na zona do Ancares. No Cebreiro pódese ver estes días o seu laborioso traballo no que van entrelazando á man os mollos que forman o teito ou colmo das pallozas e o único material que se emprega é o centeo.
O conxunto etnográfico do Cebreiro está formado por catro pallozas e a Xunta investiu máis de 180.000 euros na súa recuperación. Esta é a entrada en Galicia do Camiñó Francés e a foto obrigada de milleiros de peregrinos.
Estas vivendas características do Ancares, que estiveron habitadas ata os anos 70, conforman agora un particular museo que o pasado ano visitaron máis de 15.000 persoas.