CRTVG

Buscar

En Barbadás regulan a saída dos pequenos en función do número do portal en que viven

Publicado o 26/04/2020 15:34

Para extremar as medidas de seguridade, concellos como o de Barbadás, con máis de 1.300 menores de 14 anos, decidiron regular a saída dos pequenos en función do número do portal en que viven. O obxectivo é evitar aglomeracións, xa que a maior parte dos rapaces concéntranse na localidade da Valenzá. Noutros municipios, como o de Xinzo, desinfectaron as zonas máis concorridas e repartiron máscaras pola rúa.

Coas rúas aínda desertas os equipos de emerxencia en Xinzo concéntranse en desinfectar os espazos a carón dos parques, agora pechados, e as zonas verdes preto do río. O obxectivo, ter todo limpo antes da saída dos máis pequenos.

Contra a media mañá comezan os primeiros paseos. Algúns xa levan a súa propia máscara. A hora aquí, na Valenzá, vén condicionada polo número do portal no que viven. 

Unhas ganas que comparten a maioría dos nenos desta localidade, onde viven ao redor de 1.300 cativos menores de 14 anos. Con esta medida intentan evitar aglomeracións na rúa e parece que funciona. Medidas para que os máis pequenos gocen destas saídas coa máxima seguridade.

 

Noticias web

26/04/2020