CRTVG

Buscar

A borrasca Laura deixa un regueiro de incidencias

Publicado o 06/03/2019 10:46

• Rexistráronse refachos de vento de 150 quilómetros por hora e caeu moita auga. Sen danos graves, estragou o Martes de Entroido.

Volve activarse o aviso laranxa no mar

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia rexistrou, entre as 13,00 horas do martes e as 7,00 horas deste mércores, un total de 207 incidencias vencelladas coa meteoroloxía adversa que afecta a comunidade, aínda que ningunha de gravidade.

Por provincias, a da Coruña foi a máis afectada, con 104 incidencias rexistradas; seguiuna Pontevedra, con 84; Lugo, con 11, e,  por último, a provincia de Ourense, con 8 contabilizadas. A tipoloxía máis repetida foi a caída de árbores e pólas nas estradas (84) e tamén obstáculos de rocha e terra nas vías de circulación (25), así como bolsas de auga nas estradas (13).

En xeral, tratouse dun intervalo de tempo caracterizado polas incidencias habituais producidas por unha borrasca que trouxo vento na costa e en terra, así como chuvia forte, que ocasionaron a anulación de boa parte dos desfiles de Entroido e tamén das actividades previstas ao aire libre.  

Noticias web

06/03/2019