CRTVG

Buscar

Regresar a España complícase polas dificultades para conseguir unha PCR para viaxar no Nadal

Publicado o 26/11/2020 14:56

Anuncios coma este, á busca de probas PCR, difúndense por centos a través das redes sociais que comunican españois por todo o mundo e que estes días preparan as vacacións de Nadal. É o caso de Cora, unha bióloga de Cedeira que leva dous meses en Bruxelas traballando para a Comisión Europea.

Sen descanso traballan tamén nas axencias de intercambio de estudantes con grupos en países como os Estados Unidos, O Canadá, o Reino Unido ou Irlanda, onde conseguir unha cita para unha PCR é practicamente misión imposible.

Ante esta situación, hai moitos que xa decidiron suspender a viaxe e pasar o Nadal fóra da casa.

Os afectados agardan que poida haber algún cambio na normativa para poder volver á casa polo Nadal.

Noticias web

26/11/2020