Regresan as longas ringleiras para entrar na catedral pola Porta Santa
Publicado o 11/06/2021 17:50
O regreso paseniño á normalidade tamén se nota na catedral de Santiago. Pouco a pouco a estampa empeza a ser a propia dun ano santo.
Atrás quedaron as insólitas imaxes dunha praza da Quintana practicamente baleira coas que empezamos o ano.
Este venres había longas ringleiras para entrar na catedral pola Porta Santa e, se non cambia a situación, semella que volven para quedar.