CRTVG

Buscar

Regresan as altas temperaturas e actívase o aviso amarelo

Publicado o 04/08/2020 15:38

Despois do lixeiro fresco desta fin de semana e mesmo de onte, unha nova vaga de aire cálido chega desde o continente africano. Iso vai elevar os termómetros por riba dos 30 graos en boa parte de Galicia, mesmo con aviso amarelo nalgunhas zonas da comunidade.

Agárdase unha entrada de aire cálido para esta tarde xa. Malia que o día amenceu con intervalos de nubes baixas no terzo norte e néboas no interior, pouco a pouco estamos a gozar dunha xornada de ceo despexado.

As temperaturas, en ascenso, e as máiximas poderían superar os 30 graos en moitos puntos da comunidade. E hai aviso amarelo a partir do mércores, no interior de Lugo e Ourense, coa entrada de aire cálido procedente do norte de Africa.

Noticias web

04/08/2020