CRTVG

Buscar

Regresan á Coruña entre aplausos unha trintena de axentes destinados en Barcelona

Publicado o 22/10/2019 20:58

Recibimento esta mañá na comisaría da Coruña a unha trintena de policías galegos que estiveron destinados en Barcelona. Pasaron alí os últimos 29 días. Pertencen á oitava Unidade de Intervención Policial e chegaron nos mesmos furgóns en que pasaron horas e horas nas rúas, en días de manifestacións e noites de disturbios.

Chegan á casa para recuperar folgos, pero dentro dunha semana aproximadamente terán que volver a Barcelona para substituír os compañeiros que quedaron alí. Foron recibidos con aplausos e ao berro de "Non estades sós".

Volven cansos, con ganas de abrazar as súas familias e cunha mensaxe emocionada. Saben que terán que volver para substituílos e buscan descanso, esquecer durante uns días o vivido nas rúas de Barcelona.

Con aplausos e bandeiras españolas. Así recibían na Coruña os policías que regresaban de Cataluña. Son os axentes da Unidade de Intervención adcrita ao cuartel de Lonzas. Volven cansos, con ganas de abrazar a familia e cunha mensaxe.

"Acordarnos dos compañeiros que quedan alí e unha aperta forte e nada máis", di un dos axentes.

Saben que terán que volver para substituilos. Agora só queren descansar e esquecer durante uns días o vivido nas rúas de Barcelona.

"Foron vítimas. Botáronlles todo tipo de obxectos, pedras, esas bolas de aceiro que atravesan os escudos e os cascos", afirmaba a secretaria provincial do Sindicato Unificado da Policía. 

"Foron moitos días cun nivel de violencia desmesurada. E xornadas de 16 horas seguidas, practicamente sen tempo nin para comer", explicaba outro representante dos policías.

A homenaxe que lles renderon os seus compañeiros e moitos coruñeses axudaraos a superar o duro traballo destes días en Cataluña.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019