CRTVG

Buscar

Regresan a casa tres dos catro galegos do Albacora Seis

Publicado o 21/02/2020 19:30

Tres dos catro mariñeiros galegos superviventes do naufraxio do Albacora VI xa están na casa. Foron recibidos polos seus familiares no aeroporto de Peinador a primeira hora desta tarde. Toda a tripulación do atuneiro con base en Bermeo salvou a vida no accidente. 

Juan Carlos Pazos naceu un 22 de febreiro de hai 55 anos pero pode contar a data de 2020 en que se salvou do afundimento do barco en estivo faenando o último lustro.

El estaba de garda na sala de máquinas cando, a 260 millas de Costa do Marfil, se abriu unha vía de auga. Deu a voz de alarma porque só tiñan 5 minutos para saíren do atuneiro.

O Albacora VI, con bandeira de Curaçao e base en Bermeo, estaba a piques de rematar a marea e de viaxar a Vigo para reparación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/02/2020