CRTVG

Buscar

Regresan á casa os bolseiros da Fundación Amancio Ortega que estaban no estranxeiro

Publicado o 28/03/2020 10:13

Os bolseiros galegos da Fundación Amancio Ortega chegaron esta madrugada ás súas casas. Son un cento de estudantes que estaban cursando primeiro de bacharelato nos Estados Unidos e o Canadá.

Este luns a Fundación decidiu repatriar todos os bolseiros, 600 en total, que chegaron en dous voos a Madrid e foron repartidos en autobuses ás súas localidades de orixe.

Adiantan así a volta, que debera producirse o 27 de xuño, ante a expansión do coronavirus tamén nos países onde estudaban.

Noticias web

28/03/2020