CRTVG

Buscar

Regresa o tempo invernal a Galicia

Publicado o 11/05/2021 14:44

Di o refrán que cando "marzo maiea, maio marcea" e parece que este ano se está a cumprir. Despois dunhas semanas de tempo solleiro levamos xa uns días cun clima máis propio dos meses de inverno con frío, chuvia e vento. 

E as predicións apuntan que as próximas xornadas tampoco van ser moi favorables para saír á rúa. Xa á última hora desta tarde espérase a chegada dunha fronte que deixará chuvias máis persistentes. Aínda que esta sucesión de frontes parece que nos vai a dar unha pequena tregua, polo menos o venres. 

Noticias web

11/05/2021