CRTVG

Buscar

Regresa a vida cultural a Galicia con límite de asistentes

Publicado o 17/02/2021 18:03

O teléfono empezou a soar a primeira hora da mañá para confirmar a reapertura das bibliotecas. Moitos estudantes desexaban volver. Reabren cunha capacidade máxima do 30 por cento, ventilación, distancia e máscara obrigatoria, para facer das bibliotecas un lugar seguro.

Tamén abren as súas portas, cun máximo do 30 por cento de asistentes, os teatros, os auditorios, os cines e os museos.

A ensinanza de réxime especial como escolas de danza, arte dramática ou escolas oficiais de idiomas terán que esperar ata o próximo luns para retomar as clases presenciais. No caso dos conservatorios, a apertura non será completa.

Eventos e congresos non poderán superar os 250 asistentes en espazos pechados e 500 en abertos. Igual que nos museos, haberá un rexistro de persoas para poñelo a disposición das autoridades sanitarias se fose preciso.

Noticias web

17/02/2021