CRTVG

Buscar

Regresa a Rapa das Bestas de Sabucedo, tras un ano de parada pola covid

Publicado o 26/08/2021 15:40

Os aloitadores non vían o momento de volver saltar ao curro. A covid freou unha festa con máis de 400 anos de historia que se soe celebrar en xullo. O obxectivo era garantir unha celebración segura.

Dende hoxe e ata o domingo Sabucedo volverá honrar a San Lourenzo, e o curro de novo cobrará vida engalanado polas crinas dos cabalos salvaxes. A ocupación reducirase, pero volverá ser espectacular.

Mañá terá lugar a subida ao monte para reunir as bestas, e na fin de semana será cando aloitadores e cabalos protagonizarán ese corpo a corpo, para rapar as crinas dos animais.

Esta Festa de Interese Turístico Internacional plántalle cara á besta máis dura, para poder seguir dando vida a unha tradición de raíces ancestrais.

Noticias web

26/08/2021

Máis sobre A Estrada