CRTVG

Buscar

Regata accidentada de Ares en Hondarribia

Publicado o 12/08/2017 22:04

Na Liga Eusko Label vimos unha das imaxes da temporada. Foi a da traiñeira galega de Ares que tivo un enganchón na primeira ciavoga e rachou un dos seus remos. Para colmo da mala sorte, na mesma manobra ao final do terceiro longo volveu acontecerlle exactamente o mesmo problema co que un dos seus remeiros tivo que ir no último longo sen poder axudar aos seus compañeiros. Ares foi a última nunha xornada na que gañou Urdaibai cun só segundo de diferenza sobre Hondarribia. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2017