CRTVG

Buscar

Rega con gasolina e préndelle lume a un amigo de Calvos de Randín

Publicado o 13/09/2021 20:23

Os feitos ocorreron tras unha noite de troula en Tourem, unha vila portuguesa moi próxima a Calvos de Randín, cando o presunto agresor, de nacionalidade portuguesa e máis de 50 anos, deixou a vítima, de 24 anos, na porta da casa. Cando o mozo baixou do coche, o agresor regou o mozo con gasolina e tratou de prenderlle lume.

A vítima foi trasladada ao complexo hospitalario de Ourense, pero posteriormente foi derivada á unidade de queimados do CHUAC por mor da gravidade das feridas. 

A Garda Civil e a GNR colaboran na busca do autor.





 

Noticias web

13/09/2021

Máis sobre Calvos de Randín