CRTVG

Buscar

Reforzo dos controis para evitar viaxes entre provincias

Publicado o 22/05/2020 15:55

A circulación de vehículos nas estradas galegas segue aumentando, aínda que de xeito paulatino, a medida que avanzan as fases da desescalada.

Tráfico reforza a vixilancia coa chegada da fin de semana, non só para controlar a velocidade dos vehículos, senón tamén para que non haxa desprazamentos entre provincias, algo que sorprendeu a algún ciclista.

Os últimos datos indican que durante o estado de alarma houbo un incremento notable
do número de condutores que cirulaban con exceso de velocidade.

A Dirección Xeral de Tráfico volveu pedir prudencia a pesar de que a circulación de coches polas estradas galegas segue sendo menos da metade con respecto ao que había antes da pandemia.

Noticias web

22/05/2020