CRTVG

Buscar

Reforzan o rexistro de viaxeiros e as probas diagnósticas nos aeroportos galegos

Publicado o 07/05/2021 14:57

Aínda que o levantamento do estado de alarma e a fin do peche perimetral de Galicia abre unha porta ao turismo, as medidas de control dos viaxeiros que chegan á comunidade continúan.

Reforzarán o mecanismo de rexistro de viaxeiros, que seguirá sendo obrigatorio para as persoas que veñan de territorios de alta incidencia, é dicir, por riba dos douscentos cincuenta casos por cada cen mil habitantes. Ás persoas que figuren nese rexistro chamarános para facer unha proba PCR.

E falando de probas diagnósticas, tamén aos galegos que volvan á terra se lles ofrecerá unha proba de antíxenos nos aeroportos, para detectar, como xa se viña facendo, casos asintomáticos nos viaxeiros que volvan do exterior.