Reforzar as defensas, a mellor arma contra o coronavirus
O 85% dos infectados por coronavirus logran superalo grazas ás súas propias defensas. Por iso é mais necesario ca nunca ter en plena forma o sistema inmunitario. Escoiten os consello dos expertos.
Cando o coronavirus entra noso corpo saltan as alarmas do sistema inmunitario, que controla a infección cunhas tropas de elite, as nosas defensas naturais.
África González Fernández, datedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo: "Entre un 80 e un 85% das persoas están asintomáticas ou con síntomas moi leves e iso é grazas ao noso sistema inmunitario".
Así que a mellor arma para frear a covid-19 é reforzar os policías do corpo, con 8 horas de sono, exercicio pero sen excesos, e uns minutos de sol ao día. Non son precisos suplementos ou superalimentos, pero si seguir unha dieta variada.
África González Fernández recorda que as froitas, as verduras, os oligoelementos e as vitaminas son moi importantes para o noso sistema inmunitario.
"O sistema inmune ten moitas células que se dividen e requiren ferro e vitamina D", di.
O sistema inmunitario non só actúa contra o virus no momento do contaxio, senón que tamén pode protexer o organismo ante futuras reinfeccións.
"O que non sabemos aínda é canto tempo van durar esas células de memoria. Esperamos que duren moito tempo ou polo menos ata que teñamos vacinas eficaces contra o coronavirus", asegura África González.
Evitar o alcol e o tabaco e manter o calendario vacinal son outras das armas que axudarán a que células e anticorpos reduzan o inimigo.