CRTVG

Buscar

Refórzanse os controis nas fronteiras entre Galicia e Portugal

Publicado o 01/04/2020 15:50

Nas últimas horas reforzáronse aínda máis os controis nas fronteiras entre Galicia e Portugal. A Brilat súmase aos controis en varios puntos de Pontevedra e o paso pola ponte internacional de Tui. Refórzanse ata catro puntos fronteirizos.

O Exército incórporase tamén aos controis de paso fronteirizo entre ambos países. En concreto, a Brilat estará en Arbo na estrada PO-405, estarán tamén na PO-553 de Tomiño e nos pasos de Salvaterra e na ponte vella de Tui. Ademais, instaláronse estruturas ríxidas, no control da A-55, para mellorar as condición operativas da Garda Civil e da Policía Nacional.

 

Noticias web

01/04/2020