CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Reformas solidarias para persoas con mobilidade reducida

Publicado o 24/12/2017 21:30

A cinco familias de Galicia o agasallo de nadal deste ano chegoulle en forma de reforma. Unha constructora de Vigo en colaboración con outras empresas están regalando a persoas con mobilidade reducida obras nas súas vivendas para facelas máis accesibles as súas necesidades.

Yoel ten doce anos e padece unha atrofia medular espinal que lle impide moverse dende os nove meses. Cando chega a casa a súa cadeira de rodas queda aparcada no pasillo e no colo da súa nai móvese dunha estancia a outra. O principal problema para ambos estaba no baño. Dende fai un mes, unha reforma solidaria mellorou o seu día a día.

A iniciativa xurdiu dunha constructora en colaboración con ASEM Galicia e APAM. Estas asociacións primaron na súa selección a aquelas familias con menos recursos económicos e con menores o seu cargo.

As obras e os custos correron a cargo dunha constructora que se fixo cargo do proxecto tras coñecer a realidade dos enfermos e dos seus coidadores.

O proxecto quere ter continuidade no tempo. O obxectivo o ano que vén é o de chegar a máis casas e a máis familias. Un inesperado agasallo de nadal para toda a vida.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí