CRTVG

Buscar

Bruxelas esixe reformar as pensións e potenciar a contratación indefinida

Publicado o 22/09/2020 08:47

O Goberno non terá doado cadrar as contas publicas este ano. Bruxelas endurece as condicións para acceder ao fondo de reconstrucion. Esixe a España tratar as reformas pendentes coma a das pensións.

O goberno terá que cumprir con duras condicións se quere recibir os 60.000 millóns de axudas do fondo de reconstrucción.

A Comisión fixou nunha guía e un borrador de regulamento as regras para liberar esas axudas. Ata o de agora, o goberno pensaba que a única esixencia ía ser facer un bo uso dos fondos na loita contra a pandemia.

Pero a novidade é que se solicitarán reformas pendentes, como un cambio de calado nas pensións e a potenciación da contratación indefinida.

Outras cuestións que analizará e puntuará Europa para a concesión das axudas serán as axudas ao desemprego, a loita contra o abandono escolar, a corrección das disparidades educativas por autonomías, o investimento en investigación e innovación, etcétera.

Pero, como dixemos ao principio, de momento estamos a falar dun borrador. Agora virán as negociacións e os tirapuxas para  consensuar o texto final, pero os analistas auguran un endurecemento das condicións para a concesión das axudas.

Noticias web

22/09/2020