CRTVG

Buscar

Comeza a reforestación das illas Cíes coa corta de eucaliptos e acacias

Publicado o 24/03/2019 17:39

Dentro duns anos a paisaxe das Cíes mellorará aínda máis, por mor do cambio de arborado que se está acometendo. A dirección do Parque Nacional está cortando eucaliptos e acacias, especies invasoras que consomen moita auga, e vainos substitituír por árbores máis acaídas a este ecosistema.

A quince quilómetros de Vigo, o arquipélago das Cíes presenta un clima case mediterráneo ao que apenas chegan as frontes chuviosas. As árbores que mellor se dan aquí son os acivros, o loureiro, o carballo cerquiño e a sobreira. Porén, nos anos cincuenta apenas había toxo, e o vello ICONA decidiu facer unha plantación de eucaliptos e piñeiros que agora está en cuestión.

Fernando Fernández Monzonís, fillo dun dos pioneiros das illas lembra aquelas plantacións. Este outono comezou a corta de acacias e eucaliptos na illa de Monteagudo ou do Norte. O eucalipto consome moita auga e non deixa medrar as outras especies.

Por iso a dirección do Parque Nacional estaos arrancado de xeito gradual. A rexeneración total das Illas Cíes con árbores axeitadas ao seu clima e ecosistema aínda tardará uns anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2019