Reencontro dun pai e unha filla despois de sete semanas
Publicado o 14/05/2020 16:15
A fin do confinamento obrigado déixanos emotivas imaxes de reencontros. É o caso dun pai e a súa filla, de só catro anos.
A pequena Mila padece leucemia. Como o seu pai seguía traballando durante a pandemia, decidiron que se illase. Só se vían a través do cristal dunha ventá. Despois de sete semanas, volveron abrazarse. A emoción foi aumentando por momentos ata que acabou en bágoas. Iso si, desta vez, bágoas de felicidade.