Reedítase a obra fundamental da arquitectura popular galega de Pedro de Llano
Publicado o 06/02/2020 12:25
Nos anos 80, o arquitecto publicou unha obra fundamental para o noso patrimonio: 'Arquitectura popular en Galicia'.
Agora estes dous tomos reúnense nun. O filosofo Ramón Piñeiro ou o antropólogo Xaquín Lorenzo, Xocas, que prologou o libro, impulsárono a realizar esta obra. O arquitecto descóbrenos as obras e a intelixencia dos seus construtores.
O libro fala dos materiais e do hábitat, das vivendas pero tamén doutras construcións coma os muíños, as fontes ou os muros.